O CONCELLO DE MELIDE CONVOCA SEIS PRAZAS DE AUXILIARES DE AXUDA A DOMICILIO
Melide, 18 de febreiro de 2008.- O Concello de Melide aprobou na Xunta de Goberno Local do 15 de febreiro a convocatoria por concurso-oposición para a contratación temporal de seis prazas de auxiliares de axuda a domicilio.
O anuncio, publicado no xornal La Voz de Galicia do sábado 16, atópase tamén exposto no taboleiro de anuncios da Casa do Concello. As bases que rexerán esta convocatoria están a disposición de todos os interesados e interesadas na Oficina Xeral do Concello de Melide.
O prazo para a presentación de instancias, así como a documentación que deberá achegarse está aberto ata o vindeiro venres 22 de febreiro.
© Concello de Melide 2008 - contactar