Inicio

 


O CONCELLO DE MELIDE CONVOCA UNHA PRAZA PARA A CONTRATACIÓN DUNHA AVOGADA PARA O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER

 

Melide, 13 de febreiro de 2008.- Tal e como se publicou no xornal La Voz de Galicia, os días 13 e 14 de febreiro, o Concello de Melide convoca un concurso-oposición para a contratación laboral temporal dunha avogada para o Centro de Información á Muller (CIM).

As bases que rexerán este concurso están a disposición de todas as interesadas nas oficinas do Concello.

O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles dende a publicación do último anuncio en La Voz de Galicia -posto que a publicidade da convocatoria realizarase durante dous días consecutivos -13 e 14 de febreiro-, e no taboleiro de anuncios do Concello.



© Concello de Melide 2008 - contactar