BASES DA CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL POR CONCURSO-OPOSICIÓN DUNHA PRAZA DE AVOGADA PARA O CIM DE MELIDE MODALIDADE DE CONTRATO DE DURACIÓN DETERMINADA (OBRA OU SERVIZO DETERMINADO)
1º OBXECTO.- O obxecto da convocatoria é a selección de persoal laboral para ocupar, con carácter laboral temporal dunha praza de . AVOGADA PARA O CIM DE MELIDE na modalidade de contrato de duración determinada (obra ou servizo determinado) de conformidade co disposto no artigo 15, do Estatuto dos traballadores,.A xornada parcial de 6 horas semanais..cun salario bruto mensual de 482.50 euros (por todos os conceptos retributivos incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias) con cargo á partida 31613100, e ao convenio de colaboración entre o servizo galego de promoción da igualdade do home e da muller e o concello de Melide para a prestación do servizo de información á mulleres e promoción da igualdade, cunha duración dun ano, prorrogable no caso que se siga obtendo a subvención do Servizo Galego de promoción da igualdade do home e da muller para a prestación do servizo de información á mulleres e promoción da igualdade e segundo as condicións que para obter dita subvención se establezan. O incremento anual, no caso de ser prorrogado o contrato de acordo coa subvención será igual ao incremento que se regula na Lei de presupostos para o persoal ao servizo das administración publicas. No caso de que se deixe de percibir a citada subvención, o contrato rematará. .as súas tarefas serán as de información e asesoramento xurídico, participación nas actividades do centro de información ás mulleres, colaboración na elaboración de memorias e documentos., segundo o decreto 182/2004, do 22 de xullo da consellería de familia, xuventude, deporte e voluntariado pola que se regulan os centros de información ás mulleres e se establecen os requisitos para o seu recoñecemento e funcionamento.
Así mesmo e de acordo cos principios de igualdade, eficacia, eficiencia, adecuación do candidato co perfil do posto a desempeñar, estas bases terán por obxecto crear unha bolsa de traballo en relación con esta praza en concreto para os supostos de renuncia ou outra causa que impida ao aspirante seleccionado desempeñar o posto a cubrir
A duración desta bolsa será ata a creación dunha nova bolsa derivada da celebración e convocatoria dun novo proceso selectivo para esta mesma categoría profesional.
A bolsa constituírase de acordo co disposto na base 7,.4 sendo que o nomeamento dos integrantes da bolsa valorarase por orde de puntuación e en caso de empate someterase a sorteo.
2.- REQUISITOS.-
Os/as aspirantes que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán reunir os seguintes requisitos:
- Ter a nacionalidade española. Os nacionais dos estados membros da Unión Europea poderán acceder en igualdade de condicións que os españois
As previsións anteriores serán de aplicación, calquera que sexa a súa nacionalidade, ao cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito e aos seus descendentes e aos do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.
O acceso ao emprego público como persoal funcionario, estenderase igualmente ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación dos traballadores nos termos establecidos no parágrafo primeiro
Os estranxeiros aos que se refiren os parágrafos anteriores, así como os estranxeiros con residencia legal en España, poderán acceder ás administracións públicas, como persoal laboral, en igualdade de condicións que os españois.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas
c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Só por Lei poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.
d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas nin se encontrar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non se encontrar inhabilitado ou en situación equivalente nin estar sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e) Posuír a titulación esixida: Licenciada en dereito, colexiada no Colexio de avogados, en canto ao Decreto 182/2004, do 22 de xullo polo que se regulan os centros de información ás mulleres e se establecen os requisitos para o seu recoñecemento e funcionamento, establece que os centros de información ás mulleres deberán contar, polo menos, co seguinte persoal cualificado: Avogada: licenciada en dereito que deberá con formación en temas relacionados co principio de igualdade de oportunidades e experiencia profesional, ambas as dúas acreditadas.
3.- SOLICITUDES.-
3.1. Os aspirantes que desexen participar no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia, conforme ao modelo do Anexo I da convocatoria na que manifesten que reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na convocatoria.
Os ditos requisitos deberán reunirse con referencia ao derradeiro día do prazo de presentación de instancias, e será nula a formalización do contrato con aqueles aspirantes que estean incursos en causas de incapacidade recollidas na normativa vixente.
3.2. As solicitudes dirixiranse á Sra. alcaldesa-presidenta da Corporación, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de dez días hábiles dende a publicación do ultimo anuncio (xa que a publicidade da convocatoria realizarase durante dous días) nun xornal de implantación na comarca e no taboleiro de edictos do Concello de acordo co previsto no apartado c) da cláusula sétima da proposta do convenio de colaboración entre o servizo galego de promoción da igualdade do home e da muller e co concello de Melide para a prestación do servizo de información as mulleres e promoción da igualdade
Así mesmo, poderán presentarse a través do procedemento previsto no art. 38.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán achegar declaración xurada ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, de ser o caso, do feito de que o aspirante vive a expensas ou está ó seu cargo.
Achegaranse tamén coas instancias, fotocopia cotexada do documento nacional de identidade
3.3.- Así mesmo na fase de concurso de méritos, os aspirantes deberán achegar inescusablemente á instancia unha relación dos que aleguen, e os documentos acreditativos ou fotocopias compulsadas de todos e cada un dos méritos que sexan puntuábeis.
4.- ADMISION DOS ASPIRANTES.
4.1.-Para ser admitido e tomar parte no proceso de selección será suficiente con que os aspirantes manifesten na súa instancia que reúnen todas e cada unha das condicións sinaladas no apartado 2 destas bases.
4.2.-Rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldesa-presidenta ditará resolución pola que se aprobará a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as, que se publicará no taboleiro de edictos da casa do Concello. Na mesma resolución incluirase a composición da comisión seleccionadora e o lugar, hora e data de comezo dos exercicios.
4.3.-Os aspirantes disporán dun prazo de 10 días para corrección. Unha vez transcorrido o dito prazo, a Sra. alcaldesa-presidenta ditará resolución definitiva, que levará implícita a estimación ou desestimación das solicitudes de corrección, e que se publicará no taboleiro de edictos da casa do Concello.
4.4.-O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoque. Cando da documentación que debe presentarse no caso de supera-lo proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación no procedemento; sen prexuízo das responsabilidades en que incorrese por falsidade na instancia ou documentación presentada para tomar partes deste proceso selectivo.
5.- COMISIÓN SELECCIONADORA -
5.1.- A Comisión seleccionadora, estará composto polos seguintes membros:
* Presidente/a: o/a secretario/a da corporación, suplente: un/unha funcionario/a ou persoal laboral
* Vogais:
* Dous/dúas funcionarios/as ou persoal laboral designados pola Alcaldía
* O técnico en Normalización Lingüístico do Concello de Melide, suplente: outro técnico de Normalización Lingüístico designado pola Alcaldía
* Secretaria/o: un/unha funcionario/a ou persoal laboral, suplente: un/unha funcionario/a ou persoal laboral
5.2.-Tódolos membros da comisión seleccionadora, deberán contar con titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso á praza que se convoca.
5.3.-A comisión seleccionadora non se poderá constituír, nin actuar sen a presenza, cando menos, da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. En todo caso se require a asistencia do presidente e do secretario ou os que legalmente os substitúan.
5.4.-Os membros da comisión seleccionadora deberanse abster de intervir, comunicándoo á autoridade convocante, cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou estivesen preparando aspirantes ás probas nos 5 anos anteriores á publicación desta convocatoria. Os aspirantes poderán recusar ós membros do tribunal cando concorran aquelas circunstancias.
5.5.-A comisión seleccionadora resolverá tódalas dúbidas que xurdan na aplicación das presentes normas, así como nos casos non previstos polas mesmas.
Tamén poderá dispo-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que xulgue oportuno, limitándose os asesores a presta-la colaboración nas súas especialidades técnicas.
5.6.-Para os efectos de asistencia, os compoñentes da comisión seleccionadora que actúen nestas probas terán a categoría 1, de conformidade co que dispón o artigo 30 do R.D. 462/2002, do 24 de maio e serán retribuídos segundo establece o dito r.d..
6.-FASES DO PROCEDEMENTO SELECTIVO.-
O proceso selectivo constará de tres fases: a primeira corresponderá á fase de concurso; a segunda corresponderá á fase de oposición consistente nun exercicio que será a realización dun suposto práctico proposto polo tribunal relacionado coas labores propias do traballo ao que se opta, e que será determinado polo tribunal antes do comezo do exercicio; a terceira a proba de galego, agás para aqueles aspirantes que presenten o certificado, orixinal ou fotocopia cotexada de ter superados os estudos conducentes á obtención do certificado de perfeccionamento na lingua galega, expedido por organismo oficial para o efecto ou validado
6.1- Na fase de concurso valorarase o seguinte:
a) Por cada mes completo de servizos prestados en praza ou posto de similar ou análoga natureza á da praza convocada, acreditado cos contratos de traballo ou certificados das empresas xunto co informe de vida laboral: 0,2 por mes até un máximo de 4 puntos.
Non se computarán servizos inferiores a un mes, considerándose para estes efectos os meses de trinta días. Os servizos prestados a tempo parcial computaranse proporcionalmente.
b) Cursos oficiais de lingua galega ou validación correspondente:
- Curso de Iniciación á Lingua Galega: 0,5 puntos.
- Curso de Perfeccionamento da Lingua Galega: 1 punto.
- Curso de Linguaxe Administrativa Nivel Medio: 1,5 puntos
- Curso de Linguaxe Administrativa Nivel Superior: 2 puntos.
Valorarase os cursos de galego e as validacións. Só se valorará o curso máis alto e a puntuación outorgada ao curso superior exclúe a outorgada ao curso inferior.
c) Cursos, xornadas, seminarios, etc de formación relacionada co posto de traballo superados, homologados ou recoñecidos por escolas públicas de formación de persoal ao servizo das administracións públicas, por administracións públicas e universidades: até un máximo de 6 puntos
- De 10 a 50 horas relacionados coa materia obxecto do posto de traballo: 0,5 puntos por cada curso.
- De máis de 51 a 100 horas relacionados coa materia obxecto do posto de traballo: 1 puntos por cada curso
- De máis de 100 e ata 200 horas relacionados coa materia obxecto do posto de traballo: 1,5 puntos por cada curso
- De máis de 200 horas relacionados coa materia obxecto do posto de traballo: 2 puntos
Nos documentos acreditativos da realización dos cursos, xornadas, seminarios, etc deberá constar a duración deles.
Os méritos valoraranse con referencia á data na que remate a presentación de instancias, e acreditaranse no momento de formalizar a solicitude de participación, presentando os documentos orixinais, ou fotocopias cotexadas, xa que non se terán en conta, nin se valorarán aqueles que non queden debidamente acreditados dentro do prazo de presentación de instancias.
O tribunal non poderá estimar o non achegado e probado polos aspirantes nos documentos achegados no momento de presentar a solicitude para admisión ás probas selectivas, sen
que sexa admisible a concesión de prazo ningún para emendar a falta de alegación ou de proba de méritos.
A puntuación obtida na fase de concurso será publicada no taboleiro de edictos do Concello o mesmo día en que se acorde e antes de dar comezo a celebración das probas da fase oposición
6.2- Fase de oposición
Realización dun suposto práctico proposto polo tribunal relacionado coas labores propias do traballo ao que se opta, e que será determinado polo tribunal antes do comezo do exercicio cunha duración máxima de 90 minutos. Valorarase con 18 puntos, debendo obter un mínimo de 9 puntos
6.3-Proba de galego: de carácter obrigatorio e eliminatorio, agás para aqueles aspirantes que presenten o certificado, orixinal ou fotocopia cotexada de ter superados os estudos conducentes á obtención do certificado de perfeccionamento na lingua galega, expedido por organismo oficial para o efecto ou validado. Consistirá na tradución dun texto facilitado polo tribunal do castelán ao galego nun tempo máximo de trinta minutos coa cualificación final de “apto” ou “non apto”.
7.- DESENVOLVEMENTO DA FASE OPOSICIÓN .-
7.1.-Os aspirantes serán convocados para a realización da fase oposición en único chamamento, sendo excluídos da selección os que non comparezan, non sendo os casos debidamente xustificados libremente apreciados polo tribunal. Os aspirantes deben acredita-la súa personalidade coa exhibición do DNI.
7.2.-A actuación dos aspirantes naqueles exercicios que non poidan realizarse conxuntamente levarase a cabo por orde alfabética segundo a primeira letra do apelido, comezando pola letra que resulte do sorteo ó que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección do persoal da Comunidade Autónoma de Galicia do 20 de marzo de 1991.
7.3.-Unha vez comezadas as probas selectivas a publicación da celebración dos sucesivos exercicios exporase no taboleiro de edictos do Concello.
7.4.- O mesmo día designado para a realización do exercicio da oposición efectuarase a proba de galego, se iso fose posíbel, cuestión que se fará saber aos aspirantes, sinalando a hora de realización a través do taboleiro de edictos.
As cualificacións publicaranse o mesmo día no que se acorden no taboleiro de edictos do Concello.
En caso de empate na puntuación final, primará a persoa que teña máis puntos no exercicio da fase oposición, en caso de que persista o empate a que teña máis puntos nos cursos e en caso de empate a que teña máis cursos con a puntuación máis alta.
O tribunal, rematada a cualificación, publicará a relación de aprobados por orde de puntuación, sumando á puntuación obtida na fase de concurso os puntos obtidos na fase oposición; O tribunal non poderá propoñer para o seu nomeamento un número superior de aprobados ao de prazas convocadas. Proporcionará a dita relación á Alcaldía, para que formule o nomeamento pertinente.
Non obstante para o caso de producirse renuncias dos aspirantes seleccionados o órgano de selección fará relación complementaria dos aspirantes aprobados que sigan aos propostos para o seu posíbel nomeamento. Esta relación complementaria tamén será publicada no taboleiro de edictos do Concello rematada a cualificación.
8.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN-NOMEAMENTO
O aspirante proposto, antes do seu nomeamento e no prazo de 5 días naturais seguintes a aquel no que se lle requira, deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello a seguinte documentación:
.-Copia compulsada do título esixido nas presentes bases
.-Declaración xurada de non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial
.-Declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade
.-Certificado médico de non padecer enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible có desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto
O que dentro do prazo fixado e salvo casos de forza maior non presente a documentación ou do exame desta se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2 non poderá ser nomeado e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que, no seu caso, podería ter incorrido por falsidade nos datos declarados na instancia.
9. -FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.-
O órgano competente procederá á formalización do contrato. Até que non se formalice o aspirante proposto non terá dereito a percepción económica ningunha.
10.- PERÍODO DE PROBA.-
Transcorrido satisfactoriamente o período de proba a que se refire o artigo 14 do Estatuto dos traballadores o aspirante proposto adquirirá a condición de persoal laboral temporal 11.- DISPOSICIÓNS APLICABLES.-
En todo o non previsto nestas Bases estarase ao disposto na Lei 30/1984 do 2 de agosto de medidas para a reforma da función pública modificada pola Lei 22/1993 do 29 de decembro; na Lei 7/1985 do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; no Real
decreto lexislativo 781/1986 do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido de disposicións legais vixentes en materia de réxime local, no Real decreto 896/1991 do 7 de xuño, sobre regras básicas e programas mínimos do procedemento de selección dos funcionarios da Administración local, no Decreto do 20 de marzo de 1991 da Comunidade Autónoma de Galicia; no Real decreto 364/1995 do 10 de marzo, que aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, e na Lei 7/2007 de 12 de abril pola que se aproba o Estatuto Básico do Empregado Público e nas demais disposición aplicables e concordantes.
12.- IMPUGNACIÓN.-
A convocatoria e as súas bases, así como cantos actos administrativos delas se deriven, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma previstos na Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
ANEXO I .- MODELO DE INSTANCIA.
D./Dª......................................., de ............, anos de idade, veciño/a de ................, con enderezo na rúa ..............., número............., andar ........, letra............... tlf……………, expón:
Que desexa ser admitido/a ás probas selectivas convocadas nese Concello para o acceso á praza de ................, sendo anunciada a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia nº......., de data ...., de....... de 200.
Que coñece e acepta as bases que rexen a devandita convocatoria.
Que reúne todos e cada un dos requisitos esixidos na convocatoria, referidos ao derradeiro día do prazo de presentación de solicitudes .
Que achega á solicitude os seguintes documentos ou xustificantes esixidos polas bases que rexen a convocatoria:
-
(En cada liña detallarase un só documento)
Minusvalías:............
(Este apartado tan só será cuberto polos aspirantes que padezan algún tipo de minusvalía, os cales deberán facer constar esta circunstancia, declarando expresamente que a dita minusvalía non é incompatible co desempeño normal das funcións propias da praza á que se aspira, especificando o seu grao de minusvalía, e, por último, se necesita ou non que o tribunal arbitre os medios ou tome algunha medida para realizar as probas)
Por todo iso,
SOLICITA ser admitido á práctica das probas selectivas correspondentes.
....., ....... de .... de.....
(Asinado)
SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MELIDE (A CORUÑA)
Melide, 14 de xaneiro de 2008
A ALCALDESA
Asdo./ Mª Socorro Cea Vázquez
© Concello de Melide 2008 - contactar