
Detalle da Capela do Carme
No outeiro dun castro prerromano, no lugar en que se construíu
na idade media un castelo, ergueuse en 1741 a Capela do
Carme. A planta é rectangular con arco triunfal de
medio punto. A fachada con cunha portada de van alintelada
e remate en frontón triangular partido. No seu interior
sobresae o seu retablo, tallado por volta de 1755. No camarín
central, máis saínte que os laterais, está
situado unha imaxe fermosa da Virxe do Carme, de finais
do século XVIII, atribuída ao taller compostelán
Gambino-Ferreiro ou discípulos. Flanquean esta imaxe
as de San Ramón Nonate e San Xosé, ambas as
dúas tamén de finais do século XVIII.