VIII CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA 2008
Bases
1 Poderán concorrer todas/os as/os autoras/es cunha única obra narrativa, novela ou relato(s) curto(s), escrita en lingua galega, cunha extensión mínima de sesenta páxinas.
2 As obras presentadas deberán de ser orixinais e inéditas, non premiadas noutros concursos. Presentaranse por quintuplicado, en tamaño folio DINA4, mecanografadas a duplo espazo por unha soa cara, debidamente grampadas ou encadernadas, baixo plica, sen remite, co título da obra e un lema, nome do autor e teléfono de contacto.
3 O premio está dotado de 6000 euros. Compete ao xurado outorgar o premio ou deixalo deserto, ou ademais salientar unha obra como finalista do certame. O/a gañador/a tamén recibirá o 10% da venda dos libros.
4 O xurado estará constituído por por cinco integrantes, ademais dun presidente/a (alcaldesa/alcalde do Concello de Melide) e unha secretaria/o que non terán nin voz nin voto.
5 O Concello de Melide garante a publicación da obra gañadora a través da editorial Edicións Xerais de Galicia, SA.
6 A decisón do xurado darase a coñecer por volta do 7 de xuño de 2008, data simbólica para as melidás e melidaos, pois o 7 se xuño de 1933 saíu do prelo da Editorial Nós o libro Terra de Melide.
7 As obras deberán de enviarse antes do 15 de marzo de 2008, data na que remata o prazo de presentación, á Secretaría Xeral do Concello de Melide, praza do Convento, nº 5, Melide, A Coruña.
8 A interpretación das bases correspóndelle unicamente ao xurado. Polo simple feito de participar, o/a autor/a comprométese a acatalas.
V CERTAME DE INVESTIGACIÓN 2008
Bases
1 Poderán concorrer a esta convocatoria traballos de investigación que teñan por obxecto Melide e a súa comarca, calquera que sexa o eido de estudo da bisbarra melidá: filolóxico, científico, histórico, etnogáfico, arqueolóxico, arquitectónico, biolóxico,etc.
2 As obras presentadas deberán de ser orixinais e inéditas, non premiadas noutros concursos. Presentaranse por quintuplicado, en tamaño folio DINA4, mecanografadas a duplo espazo por unha soa cara, debidamente grampadas ou encadernadas, baixo plica, sen remite, co título da obra e un lema, nome do autor e teléfono de contacto.
3 O premio está dotado de 1000 euros. Compete ao xurado outorgar o premio ou deixalo deserto, ou ademais salientar unha obra como finalista do certame. O Concello de Melide garante a súa publicación.
4 O xurado estará constituído por por cinco integrantes, ademais dun presidente/a (alcaldesa/alcalde do Concello de Melide) e unha secretaria/o que non terán nin voz nin voto.
5 A decisón do xurado darase a coñecer por volta do 7 de xuño de 2008, data simbólica para as melidás e melidaos, pois o 7 se xuño de 1933 saíu do prelo da Editorial Nós o libro Terra de Melide.
6 As obras deberán de enviarse antes do 15 de marzo de 2008, data na que remata o prazo de presentación, á Secretaría Xeral do Concello de Melide, praza do Convento, nº 5, Melide, A Coruña.
7 A interpretación das bases correspóndelle unicamente ao xurado. Polo simple feito de participar, o/a autor/a comprométese a acatalas.
Melide, novembro de 2007
Gabinete de Prensa
© Concello de Melide 2007 - contactar
|