CENTRO DE INFORMACION A MULLER (C.I.M.)
     


¿QUE É O C.I.M. ?

O C.I.M.(Centro de Información á Muller ) é un servicio público e gratuíto, a disposición de tódalas mulleres para axudarlles nos problemas e inquedanzas que teñan. Ofréceo o Concello de Melide para toda a comarca, en colaboración coa Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
Está constituído por tres profesionais: auxiliar , psicóloga e avogada .

¿QUE FAI ?

1. Informar e orientar sobre :
- Cursos, conferencias, encontros, xornadas, seminarios, congresos e actividades que interesen ás mulleres en xeral .
- Creación de asociacións (de mulleres rurais, empresarias..), apoio ás que existen, subvencións a elas, coordinación entre elas, …
- Oposicións, estudios, bolsas de emprego , …
- Actividades de tempo libre .
- Ofertas e demandas de emprego público e privado.
- Subvencións para crear e mellorar empresas creadas por mulleres.
- Recursos e servicios sociais.
- Casas de acollida, centros de planificación familiar, familias acolledoras, …
- Programas para mulleres desfavorecidas.
- Actuacións doutros organismos.

2. Orientar e asesorar psicoloxicamente en :
- Problemas familiares
- Malos tratos
- Abandono de fogar , infidelidade
- Mediación familiar
- Intervención psicolóxica en agresións, abusos sexuais, acoso sexual , …
- Interrupción do embarazo , adopcións …
- Toxicomanías:alcoholismo, drogadicción, ludopatía ….
- Adestramento en entrevista de traballo.

3. Asesoramento e apoio xurídico-legal en supostos tales como :
- Os trámites de procedemento de Xustiza gratuíta para conseguir avogado e procurador de oficio.
- Ameazas, agresións de diferente índole e a súa denuncia.
- Separación matrimonial: o convenio regulador, vivenda conxugal, bens adquiridos durante o matrimonio, contribución ás cargas familiares , …
- Sentencias incumpridas: impago das pensións alimenticias ós fillos,….
- Dereitos das traballadoras, baixas laborais, protección da maternidade e paternidade .....

¿QUEN PODE ACUDIR Ó C.I.M?

Tódalas persoas que o desexen , que necesiten información, orientación e asesoramento.


 

C.I.M.

Centro Social de Melide
Rúa Principal , 44 - 1º
15800 Melide

Tlf./ Fax:
981 50 57 06

HORARIO
Directora: de luna a venres de 9:00 - 15:00 h

Psicologa: martes de 16:00 - 18:00 h
e xoves de 10:00-14:00H

Asesora xurídica: martes de 10:00 - 14:00 h
e xoves: 15:00 - 17:00 h