Inicio

 


O CONCELLO DE MELIDE CONVOCA UNHA PRAZA DE LOCUTOR/A DE RADIO PARA RADIO MELIDE

 

Melide, 03 de marzo de 2008.- O Concello de Melide publicou na Voz de Galicia deste sábado un anuncio polo que se oferta unha praza de locutor ou locutora de radio para Radio Melide.

O contrato será de duración determinada e a xornada parcial, e resolverase polo procedemento de concurso-oposición.

Todas as persoas interesadas poden recoller as bases para esta praza na oficina xeral do Concello de Melide. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata este venres, 7 de marzo.



© Concello de Melide 2008 - contactar