| |
 |
Galeria de
Fotos |
|
 |
| |

|
|
|
|
|
|
 |


 |

Igrexa de Vitiriz (foto
agosto 2005)
San Vicenzo de Vitiriz
É a última aldea do Camiño de Santiago
ao seu paso polo Concello de Melide. Antropónimo de
orixe xermánica, alberga unha das igrexas máis
interesantes da comarca, tanto desde o punto de vista arquitectónico
como esotérico, relacionada desde os seus inicios co
culto a Rocamador.
A planta do edificio, de fabricación gótica,
é dunha soa nave, de ábsida rectangular. No
testeiro da nave está colocado un rosetón de
pedra, o único entre as igrexas da comarca, e no cumio
da ábsida un Agnus Dei. Quizais o máis
slaientábel do edificio sexa a a abundancia de canzorros
no aleiro, todos eles moi ben labrados. No seu interior ten
un arco triunfal apuntado, apoiado en pilastras. No retablo
atópase unha imaxe da Virxe, que lembra formas do século
XV, aínda que semella posterior. |
|
|
|
|
| |
|
|
| |
| |
|