CHEGAN A MELIDE “CURTAS NO NADAL” PARA O PÚBLICO INFANTIL
Proxectarase no Multiusos de Melide o día 30 de decembro
O próximo domingo, 30 de decembro, proxectarase en Melide Curtas no Nadal que é un proxecto da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, a través da Axencia Audiovisual Galega, coordinado e xestionado por Mr.Misto Films, que na súa segunda edición vai encher o noso Nadal de curtametraxes.
Un proxecto para todos os públicos, con sesións nas que se inclúen filmes de ficción, animación ou documentario coa presenza de actores, directores e técnicos que participaron nas gravacións.
O domingo, 30 de decembro, Curtas no Nadal chega a Melide. A proxección terá lugar no Edificio Multiusos da vila a ás 17.30 cunha sesión para os máis pequenos.
A continuación aparece o cadro de programación:
Día 30 de decembro
Edificio multiusos
17.30h.
INFANTIL |
CURTAMETRAXE |
DIRECTOR |
XENERO |
FORMATO |
DURACIÓN |
Carne de Canón |
Darío Fernández |
Aventuras |
Animación |
|
8´ |
|
O Muíño Abandonado |
Lino Fernández |
Comedia |
Animación |
|
17´ |
|
O Castelo da Meiga |
Santiago Alonso e Xosé Arias |
Comedia |
Animación |
|
20´ |
|
O Pesadelo de Florián |
José Ramón Puente |
Comedia |
Animación |
|
4´ |
|
A Flor Máis Grande do Mundo |
Juan Pablo Etcheberry |
Fantástico |
Animación |
|
10´ |
|
|
|
|
TOTAL: |
|
59´ |
|
Melide, 27 de decembro de 2007
Gabinete de Prensa
© Concello de Melide 2007 - contactar
|