A Biblioteca Pública Municipal de Melide nace no ano 1977 dun convenio entre o Concello de Melide e o Ministerio de Cultura.
Abre ó público no 1978 cun fondo de 2500 volumes procedentes do Ministerio de Cultura e 500 exemplares en lingua galega que merca o Concello.
Nesta primeirísima etapa foron tres mestres, D. José Reinoso Carreira, D. Fernando Somoza e D. José Hermida quenes co seu traballo desinteresado conseguiron que a Biblioteca abrira as portas ó público no mes de xullo dese ano.

Ata o ano 1982 comparte loca nos baixos da Casa do Concello có Museo Terra de Melide.

É de suliñar que no ano 1980 contaba con 600 usuarios rexistrados no servicio de préstamo a domicilio. Na actualidade son 3000 as persoas adscritas ó préstamo.

Xunto con outras institucións é un referente moi importante na vida cultural de Melide, así o demostran as numerosas actividades de formación e animación á lectura: cursos, certames, encontros con autores, seminarios, etc. dirixídos a tódolos veciños de Melide e Comarca.