Inicio - novas xaneiro 2008

 


O CONCELLO DE MELIDE COMEZA A INSTALACIÓN DE NOVO MOBILIARIO URBANO

O Cantón de San Roque foi o primeiro emprazamento dos novos equipamentos, que nesta primeira fase inclúen papeleiras e novos bancos

O Cantón de San Roque de Melide presenta dende hoxe unha imaxe renovada grazas á instalación, por parte do Concello, de novo mobiliario urbano. Nesta primeira fase de actuación, instaláronse vinte e seis bancos de base de madeira, e novas papeleiras nos arredores do Cantón de San Roque, o corazón do núcleo de poboación que habitualmente é máis frecuentado, dun xeito especial por cativos e xente maior, para o tempo de lecer.

Coa incorporación destes novos equipamentos, o equipo de goberno busca mellorar a idoneidade para os espazos públicos no centro da vila. Os bancos instalados ata este momento nesa zona eran con frecuencia motivo de queixa por parte dos veciños e veciñas, debido a que a súa construción en ferro nos os facía axeitados para os tempos de climatoloxía máis fría. Nesta primeira fase, instaláronse, amais das papeleiras, un total de vinte e seis novos bancos, o que supuxo un investimento de 15.000 euros.

O plan de mellora do mobiliario público do núcleo urbano de Melide continuará nas vindeiras datas coa instalación progresiva de novos equipamentos en outras  zonas da vila.


Melide, 9 de xaneiro de 2008


Gabinete de Prensa


© Concello de Melide 2007 - contactar