Novas 2007

 


A Alcaldesa de Melide Socorro Cea e Manuel Prado, 1º Tenente de Alcaldesa, reuníronse co conselleiro de presidencia don José Luís Méndez Rómeo

Informárono da grave situación na que se atopa parte da casa consistorial

O luns 12 de novembro de 2007, Socorro Cea e Manuel Prado, reuníronse co conselleiro de presidencia don José Luís Méndez Rómeo, para transmitirlle a súa preocupación pola situación na que se atopa parte da casa consistorial, cualificada  polo arquitecto municipal “de grave”, despois de facer un exame visual das dependencias de urbanismo, catastro e cámara. O importe da necesaria reparación ascendería a case 85.000 €.

Nestas dependencias poden observarse fendas a máis dunha lesión na estrutura, que precisan en conxunto dun rápido arranxo.

O conselleiro tomou nota desta demanda e estudará a posibilidade de atendela este ano, aínda que recoñece que é difícil dado o avanzado que está o gasto do presuposto da consellería, quedando practicamente menos dun mes hábil para rematalo. En opinión dos representantes municipais, a predisposición positiva de Méndez Rómeo, fará que pronto se poida acometer as obras recomendadas polos técnicos municipais.

Melide, 13 de novembro de 2007


Gabinete de Prensa


© Concello de Melide 2007 - contactar