VENRES, 16 DE NOVEMBRO

LUGAR: DIRECCIÓN XERAL PARA O DEPORTE
             San Lázaro- Santiago de Compostela
HORA: 10:00 H

A ALCALDESA DE MELIDE REÚNESE EN SANTIAGO COA DIRECTORA XERAL PARA O DEPORTE, MARTA SOUTO, PARA FALAR DAS OBRAS DE MELLORA DA PISTA DO POLIDEPORTIVO QUE VAN DAR COMEZO NUNS DÍAS, ASÍ COMO PRESENTARLLE UN  PLAN DE MELLORA DO CAMPO DE FUTBOL MUNICIPAL QUE INCLÚA A CONSTRUCIÓN DUNS NOVOS VESTIARIOS E ACONDICIONAMENTO DOS ARREDORES DO CAMPO.

LUGAR: CAPELA DE SANTO ANTÓN DE MELIDE
HORA: 21.30 H

A ASOCIACIÓN CULTURAL “TERRA DE MELIDE” ORGANIZA UN ACTO DE PRESENTACIÓN DA SERIE DE TELEVISIÓN “DOA A DOA” QUE SE EMITE TODOS OS DOMINGOS POLA NOITE NA TVG.


SÁBADO, 17 DE NOVEMBRO

LUGAR: COOPERATIVA MELISANTO
              Agüeiros- Furelos

A COOPERATIVA AGRARIA MELISANTO DE MELIDE CELEBRA UN ANO MÁIS A XORNADA DEDICADA Á MULLER. ACUDIRÁN AO ACTO A ALCALDESA DE MELIDE E AS CONCELLEIRAS DE MEDIO RURAL E DE CULTURA. TRÁTASE DA SÉTIMA EDICIÓN DA XORNADAS DA MULLER QUE INCLÚE CONFERENCIAS, DEBATES, TEATRO E UN XANTAR NO QUE PARTICIPAN PRETO DE 300 MULERES LABREGAS DA COMARCA.
COMEZAN OS ACTOS ÁS 10:30 DA MAÑÁ E REMATAN ÁS 14:30 COA CLAUSURA OFICIAL DA XORNADA.

LUNS, 19 DE NOVEMBRO

LUGAR: CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO
               ÁREA CENTRAL- SANTIAGO
HORA: 11:00 H

A ALCALDESA DE MELIDE ENTREVISTARASE COA CONSELLEIRA DE VIVENDA E SOLO, TERESA TÁBOAS, PARA FALAR DA NECESIDADE DE CONSTRUÍR MÁIS VIVENDAS DE PROTECCIÓN OFICIAL. TAMÉN LLE FALARÁ DO MAL ESTADO NO QUE SE ATOPAN AS VIVENDAS ANTIGAS DO CASCO HISTÓRICO E PEDIRÁ AXUDAS PARA A SÚA REHABILITACIÓN.

OUTRO DOS TEMAS A TRATAR SERÁ TAMÉN O REFERENTE ÁS OBRAS QUE SE ESTÁN A LEVAR A CABO NO PARQUE EMPRESARIAL DE MELIDE ONDE SE VAI INSTALAR UNHA DEPURADORA SUBVENCIONADA CON 70.000 EUROS POLA CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO.

 

MARTES, 20 DE NOVEMBRO

LUGAR: CASA DO CONCELLO DE ARZÚA
HORA: 12:45 H

PRESENTARASE EN ARZÚA O PLAN DE TURISMO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA POSTO EN MARCHA HAI MÁIS DE UN ANO E QUE COMPRENDE DIFERENTES ACTUACIÓNS NOS CONCELOS DAS COMARCAS DE ARZÚA E MELIDE.
O PLAN LEVA POR NOME “TERRAS DE ULLA E TAMBRE” E SUPORÁ UN INVESTIMENTO DE 1,2 MILLÓNS DE EUROS (200 millóns de ptas) NA ZONA.
O ACTO CONTARÁ COA PRESENZA DO DELEGADO PROVINCIAL DE INDUSTRIA, LUÍS BARCIA, DO VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA, PABLO VILLAMAR E O DIRECTOR XERAL DE TURISMO, RUBÉN LOIS, ASÍ COMO DOS ALCALDES E ALCALDESAS DE TODOS OS CONCELLOS DAS COMARCAS VECIÑAS

 

MÉRCORES, 21 DE NOVEMBRO

LUGAR: DELEGACIÓN PROVINCIAL DE INDUSTRIA
HORA: 11:00 H

A ALCALDESA DE MELIDE ENTREVISTARASE NA CORUÑA CO DELEGADO PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA E PRESIDENTE DE XESTUR, LUÍS BARCIA, PARA FALAR DA POSTA EN MARCHA DE DIFERENTES PROXECTOS PARA MELIDE RELATIVOS AO PARQUE EMPRESARIAL.

LUGAR: DELEGACIÓN PROVINCIAL DE VIVENDA E SOLO
HORA: 11:30 H

A ALCALDESA DE MELIDE ENTREVISTARASE NA CORUÑA CO DELEGADO PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO, XOÁN CARLOS BASCUAS, PARA TRANSMITIRLLE AS QUEIXAS DE VECIÑOS A RESPECTO DAS OBRAS DE REPARACIÓN DA 1ª FASE DAS VIVENDAS DE PROTECCIÓN OFICIAL DE MELIDE. TAMÉN FALARÁN DA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS ANTIGAS.

LUGAR: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
HORA: 12:00 H

ENTREVISTA CO VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN, PABLO VILLAMAR.

XOVES, 22 DE NOVEMBRO

LUGAR: SEDE DA FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E  PROVINCIAS (FEGAMP)- Santiago de Compostela

A ALCALDESA DE MELIDE PARTICIPARÁ NA VII ASAMBLEA DA FEGAMP NA QUE SE VAI ELIXIR A SÚA NOVA DIRECTIVA. NESTA ASAMBLEA DA FEGAMP PARTICIPAN OS 315 CONCELLOS DO PAÍS E AS CATRO DEPUTACIÓNS PROVINCIAIS.

 

VENRES, 23 DE NOVEMBRO

LUGAR: CONSELLERÍA DE SANIDADE
             SAN CAETANO- XUNTA DE GALIZA
HORA: 12:30 H

A ALCALDESA DE MELIDE ENTREVISTARASE COA CONSELLEIRA DE SANIDADE, Mª XOSÉ RUBIO, PARA FALAR DA NECESARIA AMPLIACIÓN DO CENTRO DE SAÚDE DE MELIDE E DE DOTAR AO MESMO DE NOVAS ESPECIALIDADES.

A ESTA ENTREVISTA ACUDIRÁ TAMÉN A CONCELLEIRA DE SANIDADE DE MELIDE, CASÉ RODRÍGUEZ.

 

Melide, 15 de novembro de 2007


Gabinete de Prensa


© Concello de Melide 2007 - contactar